Completa o formulario ou ben descarga o impreso de solicitude e achegao ao centro.
A reserva de salas para actividades está exclusivamente dirixida a entidades, non a particulares, quedando excluídas todas aquelas actividades de caracter político, sindical ou comercial. Dita reserva farase cunha antelación mínima de dez días.
A resposta de aceptación ou non da solicitude enviarase ao enderezo electrónico indicado.
O solicitante comprómetese a velar polo correcto uso das instalacións e polo desenvolvemento ordenado da actividade, asumindo todas as responsabilidades que se poidan derivar do acto celebrado.
A Xunta directiva poderá estimar un gasto relativo a: luz, calefacción, colocación e recollida de mobiliario (sillas, mesas, material escénico…), limpeza anterior e posterior ao acto e calquera outro que considere oportuno, comunicando a contía con anterioridade ao solicitante.
Dita contía satisfarase con anterioridade ao comezo do acto.
Os datos enviados neste formulario serán usados unicamente para fins propios do centro.
Centro Cultural e Recreativo de Vilalba
Praza da Constitución, 2
27800 – Vilalba (Lugo)
Telf: 982 511 006
e-mail: info@ccrvilalba.com